Equipa
Luz Verde non sería o mesmo sen a súa equipa, e é que. o mellor que pode facer alguén á hora de traballar é rodearse de persoas que brillan más que unha mesma!
Queremos que vós tamén brilledes e nós axudaremos a poñer esa luz.
rocío
Rocío Vázquez no sería nada sen o resto da equipa. Comigo teredes tódalas reunións, escoitarei a vosa historia, acompañareivos no proceso e traballaremos no guión. Estarei feliz de oficiar a vosa cerimonia en castelán, galego, inglés, francés e italiano.
Kasia
Kasia Chaber é a elegancia, a discreción e a dozura. Ela transmite a calma mellor ca ninguén nesta equipa. Filóloga, experta en loxística de grandes buques, levará a vosa cerimonia ao mellor porto. Kasia oficiará a vosa cerimonia en castelán, inglés, francés e polaco.
Zeltia
Zeltia Iglesias naceu sen medo escénico e cunha alegría contaxiosa. A súa Licenciatura en Maxisterio Infantil fai que teña unha paciencia fora deste mundo e unha man máxica para cerimonias nas que participen nenos e adultos que non queren deixar de selo. Zeltia será a vosa mestra de cerimonia en castelán e galego.
tati
Tatiana Mouro ten unha presenza tan impoñente como tenra. Se hai alguén que saiba como usar a retranca para saír de calquera imprevisto, esa é ela. Os seus pes levan anos pisando escenarios e platós. Filóloga, monologuista, actriz, mestra de interpretación, presentadora e bailarina. Tati oficiará de película a vosa cerimonia en castelán, galego e inglés.
Ángela
Ángela Triana ten o don de sanar, xa sexa cas súas mans ou ca súa alma de escritora. Enfermeira, poetisa, guionista e monologuista. Ángela pode facer fronte as situación máis tensas sen que se lle altere o pulso. Ángela oficiará a vosa cerimonia en castelán e galego.